Iago López Marra, Medalla de Ouro do Concello de Porto do Son

14 Marzo 2023

Este domingo 12 de marzo, ás 13.00 horas, o salón social do Real Club Náutico Portosín acolleu o acto de entrega da Medalla de Ouro do Concello de Porto do Son ao deportista do devandito club Iago López Marra. A distinción veu dada, en palabras do Concello, “polo brillante palmarés” do regatista, que inclúe, entre outros logros, unha dobre participación olímpica (en Brasil e Toquio), o recoñecemento como Subcampión do Mundo e as distincións de dobre Campión Europa, en 2016 e en 2019, entre outros grandes fitos deportivos no ámbito da vela.

Fotos publicadas polo RC Portosín. Autoría: EFE/Lavandeira jr.

O acto estivo presidido pola tenente alcalde Maria Maneiro, o concelleiro de Deportes Juan Pouso, o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Deán e os máximos representantes da xunta directiva do Real Club Náutico Portosín, entre os que se atopaban o presidente Jorge Arán, e o comodoro Fernando González.

O regatista distinguido aproveitou o acto para mostrar o seu agradecemento polo labor do Real Club Náutico de Portosín no impulso do do deporte. Tamén tivo palabras de agradecemento para o Concello, por telo agasallado coa máxima distinción local.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.