O central Héctor Barro, integrante do Rotogal Boiro Voleibol, foi convocado pola selección española U19 para tomar parte no Torneo de Pordenone (Italia), que se celebrará entre os días 7 e 11 de abril. O xogador, de 17 anos e 1,98 metros de estatura, foi o cuarto xogador do primeiro persoal boirense esta tempada que máis sets disputou e o terceiro máximo anotador do equipo. Ademais, na última xornada da Superliga, foi o quinto mellor bloqueador da competición. Héctor Barro concentrarase o luns 3 de abril en Palencia. O equipo nacional U19 estará composto por quince xogadores.
