“Galicia peta con forza na mesa comunitaria en defensa da pesca”. Antón Luaces

30 Marzo 2023

As capturas realizadas pola frota galega caeron un 22% nos primeiros cen días de restricións, chegando nalgúns casos ao 50%. É a consecuencia da prohibición de pescar en 87 zonas de augas comunitarias, que afecta a caladoiros vitais para o sector pesqueiro galego, unha actividade fundamental para a economía dun terzo dos concellos de Galicia.

O Tribunal Xeral da Unión Europea recibiu esta semana a demanda de intervención da comunidade autóno a como parte coadxuvante no recurso presentado pola Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) que, desde un principio é quen marca o paso nas accións a seguir contra esa incrible decisión, mesmo por dediante da Xunta, de íren contra o regulamento de execución  aprobado pola Comisión Europea, autora dese veto á pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias.  

De ser aceptada a proposta, o Executivo galego poderá iontervir no procedemento e defender directamente tanto os intereses da frota afectada como os do conxunto da Comunidade Autónoma.

A demanda da Consellería do Mar fundamenta a súa potestade para exercer esta acción lembrando que a norma  que prohíbe a pesca de fondo  afecta a caladoiros básicos para a frota galega, polo que a intervención  neste proceso xudicial enmárcase “incuestionablemente” nas obrigas e competencias da Xunta nen representación do interese público.

Salienta, amáis a Consellería, o impacto socioeconómico que tal medida ten na comunidade, especialmente dependente da pesca en relación co resto de rexións da UE (o pesqueiro é un sector estratéxico tanto polo seu peso económico como pola súa dimensión social, xa que logo aporta o 4,8% do Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade, preto do 5.5% do Valor Engadido Bruto e que ven ser o cuarto  sector con maior volume de exportacións.

Do vital que significa para a economía é proba que un terzo (109) dos concellos de Galicia teñen á pesca como actividade principal, caso de Ribeira (32% do seu PIB) ou Burela, con preto do 20%, municipios  que son porto base de moitos dos 200 buques directamente afectados e distribuidos por todo o territorio costeiro galego.

O impacto negativo do veto é máis que evidente: uns 216 millóns de euros ao ano, cifra que nas lonxas ascendería ata os 228 millóns de euros por canto os portos da comunidade reciben tamén  descargas de buques doutras rexións ou comunidades. Éngadese a todo isto o risco de que, por mor do veto, estean en perigo esas 200 embarcacións e preto de 2.300 tripulantes, mentres que de xeito indirecto se vexan ameazados arredor de 900 embarcacións e outros 2.400 profesionais do mar.

Un panorama nada alentador o que debuxan para Galicia o ínclito eurocomisario Sinkevicius e os seus adlátares medioambientalistas aos que, con perdón, confunda o demo.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.