Falece Juan Pérez Martínez, máis coñecido como Xandomar

13 Marzo 2023

Juan Pérez Martínez, máis coñecido como Xandomar, falecía aos 90 anos de idade, deixando un importante legado cultural, en forma das pezas que doou ao Museo Municipal e do libro “Antiga dorna polbeira de Castiñeiras”. Exerceu de concelleiro dous mandatos, pero é máis lembrado pola súa faceta de mariñeiro tradicional.

Tras medio século exercendo a profesión, Juan Pérez retirouse, pero non esqueceu o mar que tanto amaba e emprendeu un proceso de investigación que culminou no 2010 coa presentación dun libro: Antiga dorna polbeira de Castiñeiras. Neste volume recollía a súa experiencia profesional, pero tamén testemuños doutros lobos de mar, á vez que falaba de artes de pesca, de carpinteiros de ribeira, do secado do polbo… aderezando o texto con fotos de principios e mediados do século XX.

A súa paixón pola pesca tradicional levoulle tamén a nutrir de varias pezas a colección do Museo Municipal de Ribeira. No 2011 doou diversos obxectos, entre eles, unha réplica dunha dorna.

Na década dos 90, Xandomar compaxinou a súa faceta de armador coa de concelleiro de Medio Ambiente en Ribeira, formando parte do equipo que lideraba o popular José Luis Torres Colomer.

Os seus restos mortais, que están a ser velados no Tanatorio Crematorio do Barbanza, serán trasladados ás 16.30 horas á igrexa do Bo Pastor de Castiñeiras. Tralo funeral, recibirán sepultura no cemiterio parroquial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.