Este venres entrega en Boiro de premios ás persoas gañadoras do circuíto de carreiras Barbanza-Arousa

16 Marzo 2023

Este venres 17 de marzo ás 20.30h terá lugar a entrega de premios das persoas gañadoras na quinta edición do circuíto de probas populares de Barbanza Arousa na Casa da Cultura de Boiro.
Entregaranse premios ás distintas categorías gañadoras nos circuítos celebrados nos catro concellos da comarca: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira.
Os premios a entregar son ás categorías absolutas, sub-10, sub-12, sub-14, sub-16, sub-18, sénior, grupos máster femeninas e masculinas, clubes federeados e asociacións, e á categoría de conciencia social destinada a persoas con diversidade funcional, “sapatilla inclusiva” O acto estará conducido polo xornalista deportivo Terio Carrera e contará coa intervención da humorista galega Cristina Collazo.
Para esta edición contouse coa colaboración da asociación AMBAR, inspirados no mar e nas moiranas, as sereas de Barbanza Arousa.
O Circuíto de carreiras Populares Barbanza Arousa “4 carreiras, 1 meta…a pé” ten por obxectivo fomentar a práctica da actividade física como medio para alcanzar unha vida máis saudable.

O Circuito conta co control técnico da Federación Galega de Atletismo e estivo organizado conxuntamente polos concellos que forman parte da Mancomunidade Barbanza Arousa: •A Pobra do Caramiñal •Ribeira •Rianxo •Boiro

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...