Esgotados todos os Bonos Negocios 10 habilitados pola ABE (un total de 300 caixas)

17 Marzo 2023

Este venres 17 de marzo, a ABE comunicou o remate das últimas caixas de Bono Negocios 10 lanzados pola asociación esta tempada, destinados a dinamizar o comercio local nesta recta final do inverno. No balance, foron 300, finalmente, as caixas postas á venta, cada unha cun valor de 50 € (pero custando a cada cliente só 40€, xa que levaban 10 € de agasallo para que os empregasen nos establecementos asociados).

A patronal boirense tamén explicou que en total mobilizáronse 15.000€ na campaña, que repercutirán nos negocios asociados e que, como recorda o presidente, Daniel García pódense utilizar en todos os sectores da ABE “non só en roupa ou calzado senón tamén en alimentación, supermercados, gasolina, restaurantes, dentistas, masaxes…”

García engadiu que a campaña “foi un éxito sen precedentes xa que en apenas dúas semanas os clientes mercaron as 300 caixas das que se dispuña” e ademais destacou que “ao ser prepagables, garanten que o importe total de venta de Bonos inflúa positivamente nos negocios asociados, xa que en iniciativas deste tipo a maioría de veces descargase o bono e despois podes ou non utilizalo”

Recordou tamén que os clientes que as mercaron teñen ata o 15 de abril para gastalas nos mais de 200 #negocios10 asociados a ABE.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.