O Concello de Boiro celebrou este xoves 30 de marzo o seu pleno ordinario de marzo, sesión que foi retransmitida (como vén sendo costume) a través da canle de YouTube do Concello. Entre outros puntos relevantes, acordouse a ampliación das instalacións de JEALSA en Bodión, aprobouse a municipalización do Servizo de Axuda ao Fogar (SAF) e, tamén, acordouse mostrar o rexeitamento do Concello e os grupos da Corporación cara aos ataques perpetrados contra os símbolos da memoria democrática neste concello. Isto último foi aprobado por unanimidade (17 votos a favor).
Votacións resultado da sesión plenaria:
1. Aprobación definitiva, se procede, do ditame do estudo de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Conservas Rianxeira S.A.U e redactado por Amancio Losada Vicente co obxecto de reordenar os volumes nunha das parcelas afectadas polo Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal (PSIS) de Ampliación das instalacións de JEALSA Rianxeira, S.A. en Bodión, Boiro (A Coruña) – aprobado con 15 votos a favor (PP, PSOE, Boiro Novo, IC Boiro e non adscrito) e 2 abstencións (BNG).
2. Aprobación inicial, se procede, do ditame dos orzamentos xerais do Concello de Boiro para o exercicio 2023 – rexeitado con 7 votos a favor (PSOE, Boiro Novo, e non adscrito) e 10 votos en contra (PP, BNG, IC Boiro).
3. Aprobación inicial, se procede, do ditame do crédito extraordinario núm. 1/2023 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais – rexeitado con 7 votos a favor (PSOE, Noiro Novo e non adscrito), 8 votos en contra (PP e IC Boiro) e 2 abstencións (BNG).
4. Designación dos membros da Comisión de Estudo para o restablecemento do servizo público das actividades deportivas a desenvolver no Edificio Multiusos de A Cachada – rexeitado con 7 votos a favor (PSOE, Boiro Novo, e non adscrito) e 10 votos en contra (PP, BNG, IC Boiro).
5. Moción do BNG relativa á municipalización do servizo de axuda no fogar – aprobado con 10 votos a favor (PSOE, BNG, Boiro Novo, IC Boiro e non adscrito) e 7 abstencións (PP).
6. Moción do BNG en apoio á ILP sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primaria – aprobado con 9 votos a favor (PSOE, BNG, Boiro Novo e IC Boiro), 7 votos en contra (PP) e 1 abstención (non adscrito).
7. Moción de Boiro Novo/Mixto para mostrar o rexeitamento cara aos ataques perpetrados contra os símbolos da memoria democrática neste concello – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).
8. Moción de IC Boiro para a instalación de desfibriladores nos seguintes lugares: Centro Social de Escarabote, Club de Remo de Cabo de Cruz, Centro Social de Abanqueiro, Centro Social de Cabo de Cruz, Pazo de Goiáns, campo de fútbol de Pomar do Río, Campo de fútbol de A Mina, Campo de fútbol de A Lomba (Bealo), Centro de Día de Boiro e formación homologada en (RCP) e uso de DESA – aprobado con 15 votos a favor (PP, PSOE, Boiro Novo, IC Boiro e non adscrito) e 2 abstencións (BNG).
9. Moción do BNG relativa á retirada do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo – rexeitada con 4 votos a favor (BNG, Boiro Novo e non adscrito), 12 votos en contra (PP e PSOE) e 1 abstención (non adscrito).
O pleno deu por finalizado sendo as 00.00 horas, quedando sen tempo para tratar o punto número 10 da orde do día relativo a Moción do BNG relativa ao 8 de marzo sobre o impulso de medidas encamiñadas a blindar, garantir e defender os dereitos das mulleres así como promover a igualdade real entre mulleres e homes en Galicia que se debaterá na vindeira sesión.