Boiro Novo denuncia os repetidos actos vandálicos contra os elementos locais da memoria histórica e pide que sexan protexidos

23 Marzo 2023

A agrupación Boiro Novo vén de emitir un comunicado no que mostra o seu firme rexeitamento aos actos vandálicos rexistrados no concello contra diferentes símbolos da memoria democrática, elementos habilitados durante a actual lexislatura para “dignificar ás vítimas perseguidas polo franquismo”. Segundo informa Boiro Novo, unha parte importante destas actuacións consistiu na colocación de placas e de paneis informativos como o habilitado na fonte de Goiáns ou na praza de Cimadevila.

“Estes paneis”, explica o grupo, “foron vandalizados en varias ocasións tendo que ser limpados e arranxados polo Concello, o que cremos, ademais de ao patrimonio municipal, un grave atentado contra a dignidade das persoas homenaxeadas e unha proba de que o fascismo segue latente na nosa sociedade”.

Por iso, ademais da repulsa a estes actos, a agrupación tamén pide á Corporación municipal que apoie a solicitude ao Goberno do Estado da declaración deste lugares como “Lugares de memoria democrática”, unha figura prevista na Lei 20/2022 de 19 de outubro. Segundo Boiro Novo, esta declaración permitiría endurecer as sancións contra quen perpetra estes actos, podendo chegar ata os 10.000€, “algo que entendemos que pode actuar como medida disuasoria para que non se volvan a repetir”.

Ademais disto, con posterioridade á redacción da moción, o grupo lembra que se vén de perpetrar outra pintada contra a recentemente nomeada (a proposta de Boiro Novo) “Rúa das Traballadoras do Mar”, sendo significativo que se producise na véspera do 8-M e borrando o morfema indicativo do xénero “–as”.

Para o grupo, “non cabe dúbida que se trata doutra pintada, aínda que con temática distinta, de semellantes características que as anteriores, a cal dende a nosa asemblea tamén condenamos e así o expresaremos no pleno municipal”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.