Emilio Palacio deixa o cargo de adestrador do Rotogal Boiro Voleibol

22 Marzo 2023

M.A.- Emilio Palacio non continuará como adestrador do Rotogal Boiro Voleibol na tempada 2023-2024. O ata o de agora técnico do primeiro equipo seguirá como presidente do club e, en canto ao primeiro equipo, xa empezou a traballar para elaborar o proxecto deportivo da próxima campaña na Superliga 2.

Adestrador do primeiro equipo do Boiro Voleibol durante quince tempadas, Emilio Palacio explica que “xa levo moitos anos e o ciclo acabouse. Ademais, quero centrarme ao cento por cento nun proxecto persoal laboral”.

Como técnico do primeiro equipo do Boiro Voleibol, Emilio Palacio conduciu ao equipo á elite. Esta tempada, cun equipo composto por xogadores formados na base do club do Barbanza, competiu na Superliga e mesmo pechou a tempada cunha vitoria contra o Téxtil Santanderina (3-2). Á conclusión do partido disputado o pasado sábado, decenas de xogadores que pasaron polo Boiro Voleibol congregáronse na Cachada para homenaxear a Emilio Palacio e agradecerlle a dedicación que tivo durante máis dunha década.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.