Deteñen a un pai e un fillo en Boiro por tráfico de drogas

09 Marzo 2023

A coñecida como Operación Cigarreira comezou o pasado mes de novembro, cando se detectou na localidade coruñesa un punto de venda ao que acudían varios drogodependentes da comarca de barbanza para comprar as súas doses diarias.

No transcurso da investigación, foron varias as chamadas e queixas veciñais que confirmaron ás forzas de seguridade o que estaba a suceder. Algunhas das persoas que pasaban polo punto de venda eran xa coñecidas por ter antecedentes por varios delitos. Os locais da zona tamén rexistraron furtos e roubos vinculados ás persoas que acudían ata o lugar.

As probas conduciron aos axentes á detención de dous homes, un pai e un fillo, involucrados na venda de estupefacientes, así como á investigación doutras catro persoas, dous homes e dúas mulleres que actuaban como subministradores intermedios.

En total, a Garda Civil aprehendió 351 dose de heroína e 176 dose de cocaína, así como 475 euros en efectivo, un vehículo e dous teléfonos móbiles. Aos consumidores, os axentes lles requisaron 37 dose de heroína, 4 dose de cocaína e 2,28 gramos de marihuana. O valor total das substancias roldaría os 10.000 euros.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 3 de Ribeira .

A Garda Civil de Boiro detivo a dúas persoas e investigado a outras catro por varios delitos de tráfico de drogas na localidade de Boiro. Garda Civil

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.