Definitiva xornada da Liga de Cruceiros Ría de Arousas en augas de Vilagarcía

29 Marzo 2023

As augas de Villagarcia e en particular o centenario RCR de Galicia poñen o broche de ouro a esta
Liga de Cruceiros Ría de Arousa 2023, que desde o pasado 21 de xaneiro púxose en xogo
entre os distintos clubs que conforman a organización. O CN Arousa Norte, o náutico e
deportivo de Ribeira, o CN de Rianxo e o RCR de Galicia formaron un tándem perfecto para que
a vela pesada seguise un ano máis competindo durante os meses de inverno na Ría de Arousa.

A esta definitiva e emocionante etapa chegan líderes os vilagarciáns Santanas e Fixius en clase
regata e cruceiro-regata e o Orlando do CN Arousa Norte en clase cruceiro, pero non poden
cantar vitoria prematuramente, pois pouco é a marxe que os separa dos seus perseguidores.
Na clase que engloba aos máis grandes da frota, o Santanas, de José M. Millán, ten
moito camiño andado para a vitoria final e só unha hecatombe pode facer que perda o
liderado, pero seguen saltando faíscas na pelexa pola segunda praza entre o riveirense
Moucho e o pobrense Chispetren, separados por un só punto.
En cruceiro-regata o toma e daca que comezaron o Cámping Ría de Arousa e o Fixius en xaneiro
segue vixente e o primeiro debido a que a día de hoxe ten o Fixius pende dun fío, xa que se o
Cámping supera nesta última xornada ao 27.7 de Miguel Perez-Lafuente valeríalle para levar
o trofeo para augas pobrenses.
Na clase cruceiro parece que as augas están máis tranquilas e o líder Orlando, de Gerardo
Sánchez Brunete, chega a esta última xornada cos deberes feitos. Segundo posto para o
riveirense Galopin-Success Scream con bastante vantaxe sobre o Thor, terceiro, que terá que
mirar polo retrovisor para non perder a súa posición no podium en beneficio do Iamir, agora
mesmo cuarto, pero a só dous puntos do barco do CN Arousa Norte.
Nos momentos previos á saída gardarase un minuto de silencio en recordo de Chuco
Pérez Lafuente, persoa moi vinculada ao deporte da vela en Galicia e en particular en Villagarcia.

Ao finalizar esta última etapa celebrarase a entrega de trofeos na sede do Real Club De Regatas
de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...