“Corruptos” – José Manuel Pena

01 Marzo 2023

A desigualdade social e a corrupción son dúas materias pendentes no noso país. Moitos cidadáns senten como algo normal a corrupción política e empresarial para o enriquecemento económico e o progreso persoal dos propios corruptos e as súas familias. É algo inherente á propia sociedade e mesmo os controis legais despregados polas diferentes administracións públicas, organismos ou entidades privadas non impiden que se atopen camiños pouco visibles para os defraudadores e corruptos á conta do erario público.

Crense impunes e líderes dunha sociedade marcada polo poder. Non fai falta mirar moi lonxe para atoparnos con casos de abusos do poder público para beneficio persoal e privado. É necesario mirar ao noso ao redor e atoparnos con esas vivendas unifamiliares construídas en núcleo rural ou en chan non urbanizable, ou ben ese edificio de seis plantas e ático, cando tiña licenza municipal de obras limitada a case a metade da altura. Ou esa industria que nace instalada nun núcleo urbano, á beira das vivendas unifamiliares, cando tería que estar nun polígono industrial. Ou esa adxudicación de contratos de traballo a dedo, xustificados como subscribidos para persoal de confianza. Ou algúns sobrecustos inxustificados de obras que duplican as orzadas inicialmente. Ou as axudas públicas concedidas alegremente a empresas en crises, a propósito de que non van xerar máis riqueza nin emprego senón que están abocadas á súa disolución, a curto prazo.

Estas e outras moitas actuacións e situacións poñen en evidencia o tradicional costume da libre circulación de sobres con diñeiro ou as múltiples adxudicacións de obras e axudas públicas ás mesmas empresas e persoas, sen que salten as alarmas dos controis públicos.

Outros artigos

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

+

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.