CONGALSA e Ambar conmemoran xuntas o Día da Muller (este 8-M)

08 Marzo 2023

Con motivo do 8 de marzo (Día da Muller), a empresa da nosa comarca CONGALSA, referente galego, estatal e internacional en alimentación e innovación, acolleu nas súas instalacións un acto celebrado en colaboración coa Asociación Ámbar, poñendo en valor a relevancia de traballar pola independencia, autonomía e igualdade de oportunidades das mulleres con diversidade funcional.

Cinco integrantes de Ámbar (Mari Carmen Crugeiras, María Helena Oujo, Sonia Alonso, Mónica Rial e Sonia Piñeiro) repartiron na mañá deste mércores 8 de marzo, na sede da empresa, un obsequio corporativo simbólico a todo o persoal de CONGALSA, para conmemorar a celebración do Día da Muller.

Vinte anos de colaboración: accións conxuntas

CONGALSA e Ámbar manteñen unha estreita colaboración desde hai vinte anos. Ambas as entidades reúnense periodicamente para compartir estratexias e estudar liñas de acción coas que seguir intensificando a súa colaboración.

Algúns exemplos destas colaboracións son a participación de persoal de CONGALSA na Carreira pola Diversidade de Ámbar como voluntarios e participantes. Á súa vez, Ámbar implícase na Andaina Solidaria de CONGALSA, con ampla participación encabezada pola súa presidenta, Milagros Rey.

Ademais, a empresa con sede principal na Pobra patrocina o equipo de deporte adaptado da asociación e colaborou na adquisición de embarcacións de vela adaptada para a entidade, activou un programa de voluntariado corporativo, mediante o cal voluntarios de CONGALSA imparten obradoiros de horticultura nas instalacións da asociación e impartiu diferentes charlas de formación

en Ámbar centradas en ofrecer ferramentas para favorecer a empregabilidade de persoas con diversidade funcional. Xunto a isto, usuarios e membros do equipo directivo de Ámbar tamén participaron en talleres de sensibilización e concienciación ambiental organizados pola empresa especializada en alimentación.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...