Comunicado do alcalde de Ribeira aos patróns maiores de Aguiño, Palmeira e Ribeira apelando ó diálogo para resolver o conflito percebe/ mexilla

30 Marzo 2023

Reunidos de urxencia esta mañá o alcalde Manuel Ruiz cos patróns maiores de Aguiño, Palmeira e Ribeira (José Antonio Santamaría, Miguel Franco e José Antonio Pérez), os comparecentes desexan expresar a súa gran preocupación a tenor da politización dun tema que, entenden, debe solucionarse a través do diálogo.
Consideran que regular este asunto era unha cuestión de xustiza na que non pesaba tanto o volume económico que se move, como a subsistencia, ou non, dun recurso do que viven máis de 1.400
familias. Neste senso, os percebeiros non teñen máis posibilidade de extraer o seu produto que das pedras e o seu coidado; en tanto que o sector bateeiro si pode dispoñer de colectores e outras alternativas.
A extracción da mexilla esixía unha regulación serie e rigorosa como a que efectivamente se elaborou, sustentada en informes técnicos e científicos, por canto a produción deste sector experimentou un
importante incremento nos últimos anos.
Apoiamos á Conselleira do Mar, sabedores de que o talante dialogante que sempre ten demostrado fai de Rosa Quintana a persoa adecuada para solucionar a situación. Apoiamos igualmente o decreto regulador, e cuestionamos a politización que se está facendo deste asunto, entendida como un posicionamento interesado e no que se están obviando os informes técnicos e científicos que deron
pé a esa normativa.
Por último, facendo uso da atribucións que lle confire o seu regulamento orgánico, o goberno do Concello de Ribeira convocará o Consello Local de Pesca para a próxima semana.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.