Comezan en Boiro as actividades de formación saudábel para maiores do Campus IV Ciclo da USC

27 Marzo 2023

Esta última semana de marzo comezan na nosa comarca as actividades da cuarta edición do Campus Itinerante Cuarto Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, unhas xornadas que teñen como finalidade mellorar a saúde e o benestar dos nosos maiores. A iniciativa vaise levar a cabo por primeira vez de forma coordinada entre os Concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra e Rianxo.

O programa arrinca este mércores 29 con O sono e os seus trastornos. Será ás 18.00 horas no Centro Social de Escarabote. A actividade virá da man de Mónica Antelo Martelo. O ciclo prosegue o venres 31, no Centro Social de Cabo de Cruz, ás 18.00 horas, cunha xornada sobre saúde cardio-saudábel impartida por José Ramón González Juanatey.

Os cursos están dirixidos a maiores de 50 anos e profesionais de atención ao maior.

29/03/2023 – 18.00h – Centro Social de Escarabote (Boiro)
“O sono e os seus trastornos”, Dª. Mónica Antelo Maneiro

31/03/2023 – 18.00h – Centro Social de Cabo de Cruz (Boiro)
“Saúde cardio saudable”, D. José Ramón González Juanatey

11/04/2023 – 18.00h – Auditorio do museo Valle Inclán (A Pobra)
“Depresión”, D. Fernando Lino Vázquez González

14/04/2023 – 18.00h – Auditorio do museo Valle Inclán (A Pobra)
“Para garantir a integración protexe a túa vista e os teus ollos”, D. Jesús Giráldez González

25/04/2023 – 18.00h – Centro Sociocultural / Auditorio Municipal de Rianxo
“Nutrición”, D. Sergio Cinza Sanjuergo e D. Josñe Manuel Fernández García

09/05/2023 – 18.00h – Auditorio (Ribeira)
“Xenómica e medicina personalizada”, D. José Ángel Carracedo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.