Medio cento de veciños acudiron na noite de onte a Santiago de Compostela para asistir á
representación da obra “Shakespeare en Roma” no marco do Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego, en virtude do cal se puxo a disposición un autobús para desprazalos á capital autonómica.
A obra seleccionada é unha representación composta de catro pezas coas que achegarse mundo dos clásicos. Tito Andrónico, dirixida por Quico Cadaval, Xulio César, dirixida por María Barcala e Xúlio Lago,
Antonio e Cleopatra, por Sara Rey, e Coroliano, dirixida por Rui Madeira.
A representación tivo lugar no Salón Nobre de Fonseca por un importe total de 3 euros, incluíndo o transporte e a entrada.




