Centos de persoas reclaman na Coruña a retirada do plan da eólica mariña

11 Marzo 2023

Centos de persoas manifestáronse este sábado na Coruña, fronte á Delegación do Goberno, para esixirlle ao Executivo que retire o Plan de Ordenación de Eólica Mariña (POEM), xa que, ó seu suízo pode “acabar co sector pesqueiro máis puxante de España e de Europa”.

Á concentración, convocada pola plataforma Eólica Así Non, asistiron representantes dalgunhas das 200 entidades sociais do ámbito pesqueiro, ecoloxista e social, non só de Galicia, senón tamén de Asturias e Portugal.

Na marcha reclamaron a retirada do POEM, a dimisión da ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribeira, e unha reunión co presidente do Goberno. Buscan “tentar convencer” ao Goberno de que baixen “da nube na que viven” e, sobre todo, piden “que nos deixen traballar”,como sinalaba o presidente da Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños, Basilio Otero.

A plataforma insta a que se fagan os estudos de impacto ambiental. Asegura que os pescadores de Portugal -onde xa existen parques eólicos mariños- contáronlles que “en toda a zona de ao redor dos eólicos non hai vida, non hai pesca” e estuda recorrer ante o Tribunal Supremo o Decreto xa que, “supón un ataque ao noso modo de vida e a todo o ecosistema e non podemos quedarnos de brazos cruzados”.

Na protesta participaron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; o deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, e outras figuras da formación nacionalista como Ana Miranda, Francisco Jorquera ou Mercedes Queixas.

A portavoz nacional do Bloque expresou o apoio do BNG ás demandas dos manifestantes. Ana Pontón xustificou a súa presenza na concentración para “dicir alto e claro que non se pode permitir que se destrúan miles de postos de traballo no mar” e qe se poña en risco o sector marisqueiro e pesqueiro “única e exclusivamente polos intereses do lobby eléctrico”.

A líder do BNG denuncia que “queren converter a Galicia nunha colonia enerxética de Madrid” pero recalca que “a nosa costa non está en venda, non é un lugar onde as eléctricas sigan facendo caixa”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...