Cabo de Cruz acolle este sábado a VI Bandeira de Bateis Concello de Boiro

03 Marzo 2023


Cabo de Cruz acolle este sábado día 4 de marzo, a partir das 16.00 horas, a VI Bandeira de Bateis do Concello de Boiro. Disputarase no peirao de Cabo de Cruz, na zona de Curbera. Participarán tripulacións das categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior sub23 e sénior absoluto, tanto masculinas como femininas.

A saída farana en primeiro lugar as tripulacións femininas comezando pola categoría alevín ata a absoluta, e a continuación sairán as masculinas. No caso de que se deban facer máis dunha quenda por categoría, estas serán lanzadas minuto a minuto, saíndo primeiro as tripulacións mellor clasificadas na regata anterior.

Os premios consistirán en medallas de ouro, prata e bronce para os tres equipos mellor clasificados en cada categoría e dúas bandeiras para o club que sume mais puntos cos seus equipos nas categorías femininas e outra nas categorías masculinas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.