Brinquedia presenta en Noia un libro sobre xogos tradicionais

01 Marzo 2023

A publicación foi realizada o Observatorio do Patrimonio Lúdico durante o confinamento.
O vindeiro venres Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional, presenta en Noia o libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”. Brinquedia é unha asociación que naceu en 2005 en Riotorto para promover o xogo tradicional galego e que na actualidade está presidida polo noiés Xosé Manuel Barreiro Insua.
A presentación será ás 19 horas na Casa da Cultura ‘Antón Avilés de Taramancos’.
Participarán o presidente de Brinquedia Xosé Manuel Barreiro xunto cos colaboradores Daniel Pino, mestre; Manolo Seijas, de Somos Enredos SL, ocio e xestión de servizos; e Carmela Sánchez Arines, investigadora; na compaña do concelleiro José Pérez Martínez.
O libro foi realizado durante o confinamento polo grupo de persoas e entidades integrantes do Observatorio de Patrimonio Lúdico. Logo do prólogo asinado polas investigadoras Manuela Vázquez Coto e Noelia Darriba García, a obra estrutúrase en tres partes. A primeira dedícase aos xogos tradicionais para tempos de recollida con 63 enredos en tres apartados. O inicial inclúe nove propostas de xogos que non precisan material como as palabras encadeadas ou pedra, papel, tesoira; o seguinte dedícase a
xogos con material incluíndo o aforcado, Antón Peruleiro, a corda, o alquerque, os pelouros ou a pita cega; e o último recolle xogos con material de refugallo do estilo dos birlos feitos con botellas ou a mítica ra cunha garrafa.
No segundo bloque preséntanse corenta e un enredos de papiroflexia e outras brincadeiras confeccionadas polo escritor Antón Cortizas Amado; mentres que a terceira parte ten trinta xoguetes feitos con tapóns de cortiza polos investigadores Xosé López González e José Manuel García Fernández, responsables do museo “O recuncho das argalladas” de Vilanova de Lourenzá. Por último, pecha a publicación un apartado con enlaces a outro tipo de xogos e aos integrantes do Observatorio.
Duascentas páxinas a cor con ilustracións do lucense Iván Mouronte, formado na Escola de Artes Ramón Falcón; deseño e maqueta de Diego Núñez Álvarez; e a edición do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. O libro atópase á venda nas librarías.

Recolle máis dun cento de enredos pensados para a casa e espazos reducidos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...