BNG exixe ao Goberno do Estado que actúe para prohibir as verteduras da mina de San Finx na Ría de Muros e Noia

06 Marzo 2023

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas na cámara baixa sobre a autorización de verteduras da mina de San Finx na Ría de Muros e Noia. A frente nacionalista exixe prohibir este tipo de verteduras, ao supor un risco de contaminación grave para as augas, e retirar a autorización outorgada ao non contar cun proxecto autorizado de explotación ni avaliación ambiental. Neste sentido, demanda ao Goberno do Estado colaboración coa Xunta de Galiza para lograr unha adecuada calidade das augas para recuperar o ecosistema da Ría, a súa capacidade produtiva e a saúde das persoas.

A autorización emitida por Augas de Galiza á empresa Tungsten San Finx S.L. permitirá a vertedura de máis de 600.000 m3/ano de augas residuais industriais acumuladas nas galerías da mina de San Finx, en Lousame.

É evidente que a autorización de verter minerais pesados e residuos industriais á Ría de Muros e Noia afectará gravemente o ecosistema, a súa capacidade produtiva e a saúde das persoas, a través da cadea alimentaria e do baño nas súas augas. Unha cantidade de auga, alerta o deputado do BNG, que contén “altísimas concentracións de cadmio, cobre e zinc, que serían bombeadas ao río San Fins, tributario do río Traba”. Alén do máis, este río desemboca na Ría de Muros e Noia, o que provocará un grave impacto nos seus bancos marisqueiros e os seus espazos incluídos na Rede Natura 2000.

“A mobilización desta fin de semana evidencia que, tanto os sectores afectados por esta autorización como a cidadanía no seu conxunto, non queren que se produza esta actividade polo risco que supón” explica Rego. De facto, lembra que esta autorización foi concedida a pesar de que o tratamento que se esixe á empresa foi ineficaz para tratar as concentracións de eses 3 metais pesados durante a proba piloto realizada pola empresa. “As autoridades responsábeis desta autorización, polo tanto, teñen coñecemento fidedigno da tentativa de abandono dos pasivos ambientais da Mina de San Finx por parte do Grupo Sacyr” engade.

En opinión de Néstor Rego, é evidente que a autorización de verter minerais pesados e residuos industriais á Ría de Muros e Noia afectará “gravemente os ecosistemas, a súa capacidade produtiva e a saúde das persoas, a través da cadea alimentaria e do baño nas súas augas”.

A Administración Xeral do Estado ten encomendada, en colaboración e coordinación coa Xunta de Galiza, velar pola boa calidade das augas e a loita contra a contaminación. Neste sentido, a frente nacionalista demanda ao Goberno comezar a coordinar as actuacións para conseguir unha adecuada calidade das augas e evitar estas verteduras e, tendo en conta que esta autorización carece de proxecto autorizado de explotación nin avaliación ambiental, actuar para prohibir esta vertedura ao supor un risco de contaminación grave das augas.

Antecedentes de abandono

Cabe lembrar que distintas entidades demandaron a imposición de avais ambientais, non só en relación ás verteduras continuadas de achiques de mina sen autorización que se estiman a un ritmo de 45.000 litros/hora, senón en relación coas dúas presas de residuos mineiros no río San Fins que acumulan millares de toneladas de residuos e que se atopan en total estado de abandono e nun pésimo estado de conservación.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.