Barbanza Arousa acolle o Campus Itinerante do IV Ciclo da USC

13 Marzo 2023

Na mañá deste luns 13 de marzo presentouse no Concello de Boiro o Campus Itinerante IV Ciclo, un programa de envellecemento activo que a Universidade de Santiago de Compostela pon en marcha co financiamento da Dirección Xeral de Maiores e Servizos Sociosanitarios da Consellería de Política Social e Xuventude; iniciativa que se realizará por primeira vez de forma coordinada entre os concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo. Segundo indicaron os responsábeis das catro administracións locais, con este novo exemplo de cooperación entre territorios ponse de manifesto a vontade da Mancomunidade de ir alén da planificación turística, que é o obxectivo primordial da entidade, abranguendo outros ámbitos de acción prioritarios.

Neste proxecto participa Barbanza Arousa, pero tamén diferentes departamentos dos 4 concellos como son Servizos Sociais do Concello de Boiro, Cultura do Concello da Pobra do Caramiñal, Cultura do Concello de Rianxo e Normalización Lingüística do Concello de Ribeira.

O Campus Itinerante do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela consta de 6 xornadas con contidos actuais e de interese común repartidas entre os catro concellos. Están destinadas a persoas maiores de 50 anos e profesionais de atención ao maior dos catro municipios de Barbanza Arousa e son totalmente gratuítas.

Estas xornadas comezan en Boiro os días 29 e 31 de marzo, coas temáticas O sono e os seus transtornos, que se realizará no Centro Social de Escarabote, e Saúde cardio saudábel, no Centro Social de Cabo de Cruz.

A continuación, o 11 e o 14 de abril serán as sesións da Pobra do Caramiñal, que se celebrarán no Auditorio do Museo Valle-Inclán e tratarán as temáticas Depresión e Para garantir a integración protexe a vista dos teus ollos. O 25 de abril será o a quenda do Concello de Rianxo coa xornada Nutrición, que se levará a cabo no Auditorio Municipal. A última das sesións será no Concello de Ribeira o día 9 de maio, co título Xenómica e Medicina Personalizada.

Asemade, co obxecto de fomentar a mobilidade, porase un autobús a disposición dos usuarios que o soliciten.

As inscricións están abertas a partir de hoxe de forma presencial, telefónica e por correo electrónico no Concello de Boiro; no Auditorio de Rianxo; no Museo Valle Inclán, na Pobra do Caramiñal e no Centro Cultural Lustres Rivas, en Ribeira.

Na propia inscrición débese manifestar se se vai utilizar o autobús, neste caso é preciso inscribirse con 3 días de antelación ao primeiro dos cursos aos que se desexa asistir. No caso de non utilizar autobús, a inscrición pode realizarse ata o día anterior do primeiro dos cursos no que vai participar.

Dende a Mancomunidade convídase aos veciños e veciñas dos concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo a participar.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...