As VII Xornadas Saudables de Ribeira porán o foco na adolescencia, na alimentación ou na xestión da dor

30 Marzo 2023

Regresan as Xornadas Saudables Concello de Ribeira: unha iniciativa impulsada polo Departamento de Servizos Sociais Comunitarios en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns que, na súa sétima edición, traerá un total de cinco encontros entre os meses de abril e maio.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, presentou este xoves 30 de marzo os detalles desta iniciativa, destinada a pacientes, familiares, coidadores e cidadanía en xeral.

Segundo informou, todos os eventos terán lugar no Centro Cultural Lustres Rivas, en horario de 16.3 a 20.30 horas.

A actividade arrancará o 13 de abril cun relatorio dedicado aos problemas de conduta e adición ás novas tecnoloxías na adolescencia. Será o 12 de abril da man do psicólogo sanitario José Luis Castro Feijóo.

O 20 de abril celebrarase un obradoiro de primeiros auxilios con Carlos Prado Sande como docente. Prado Sande é DUE asistencial na base de Santiago na Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia – 061.

O 27 de abril haberá un obradoiro de alimentación impartido por Ana Martínez Lorente, técnica do Servizo de Estilos de Vida Saudable e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade.

O 4 de maio haberá unha xornada dedicada á enfermidade reumatolóxica e xestión da dor na que intervirán como docentes Jessy Viqueira San José e Lucía Fernández Caamaño, psicóloga e terapeuta ocupacional da Liga Reumatolóxica Galega, respectivamente.

Para completar esta sétima edición, o 11 de maio desenvolverase unha última xornada sobre resolución de conflitos a cargo de Miguel Ángel Gómez Vázquez, avogado experto universitario de mediación familiar e xestión de intelixencia emocional.

As inscricións pódense formalizar no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, situados na praza 8 de marzo (teléfono 981 874 131 / correo: servizossociais@ribeira.gal).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...