As mulleres traballadoras do téxtil, protagonistas do 8-M en Boiro

08 Marzo 2023

Isabel Maestre, Lola a da Cueva, Ermitas do Sindicato, Carmen de Adolcar e Maruja de Fontán, mulleres senlleiras de Cimadevila que destacaron en moitos eidos da súa vida, foron as protagonistas deste 8-M (Día da Muller) en Boiro. Os colectivos Ambar, Amicos e Cruz Vermella realizaron a lectura dun manifesto colectivo.

Senlleiras de Cimadevila é o título do mural que se realizou arredor da figura de mulleres senlleiras do barrio que destacan principalmente por “ser pioneiras en ter un traballo fóra da casa que lles permitiu ter un sustento económico”. Todas eles teñen o sector téxtil, un sector fundamental no municipio, como nexo común.

A previsión meteorolóxica non permitiu realizar a visita prevista ao mural en Cimadevila. Porén, malia non poder desenvolverse a totalidade do programa previsto de actividades, tres das cinco mulleres ás que se lle dedica a celebración deste 8-M, Carmen de Adolcar, Ermitas do Sindicato e Maruja de Fontán, falaron da súa experiencia e do seu traballo no sector.

Para finalizar os actos conmemorativos do Día da Muller, que contaron co acompañamento musical de Rut García, mulleres dos colectivos Ambar, Amicos e Cruz Vemella fixeron a lectura dun manifesto colectivo reivindicando o papel da muller e a importancia da igualdade de oportunidades.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.