Arrancan os traballos para reparar a fochanca que obrigou a cortar a estrada AC-543

22 Marzo 2023
O corte está no quilómetro 17,8, da estrada que une Noia e Santiago, á altura do lugar do Castro en Urdilde

Todo indica que foron as filtracións nunha drenaxe subterránea as que orixinaron a fochanca que ten cortada a estrada vella entre Noia e Santiago á altura de Urdilde, en Rois. 

“Por debaixo da estrada hai unha canalización para evacuar as augas do corredor -que circula paralelo a esta estrada- e debeu haber filtracións que orixinaron esta cheminea”, explica o xefe de servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas, Felipe de la Vega.  

A auga foi buscando o seu sitio e deixou a estrada no aire, ata que o firme venceu. O burato ten uns dous metros de diámetro e catro de fondo. Está no quilómetro 17,8 da AC-543, que permanece cortada neste punto. 

O corte da estrada obriga a desviar o tráfico nun treito de catro quilómetros polo corredor de Brión (CG-1.5) entre Urdilde (saída 15) e Martelo (saída 19). 

Os traballos de reparación xa están en marcha, pero van levar días. “Hai que substituír toda a canalización subterránea”, explica o xefe de servizo da AXI. “A intención é rematar a semana que vén -afirma-, sempre que o tempo nos permita traballar”.

Por sorte, e malia a aparatosidade do burato, de dous metros de profundidade e catro de ancho, non provocou danos persoais que lamentar.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.