Amnistía Internacional Barbanza e Mulleres en Acción traen á Pobra a Massouda Kohistani, activista afgá refuxiada en España

22 Marzo 2023

Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) e o grupo local de Amnistía Internacional Barbanza colaboran na organización dunha charla coa que botar luz sobre a realidade das mulleres e as nenas en Afganistán. Será, máis concretamente, unha cita con Massouda Kohistani, activista afgá refuxiada en España. A charla celébrase en formato aberto este sábado 25 de marzo ás 19:30 horas. “Da man da relatora, poderemos descubrir a situación de indefensión na que están a vivir as mulleres e nenas de Afganistán dende que se producise a volta dos talibáns en agosto de 2021”, explican as entidades organizadoras, engadindo que a cita será o Auditorio Valle-Inclán, na Pobra do Caramiñal.

A charla é unha parada na nosa comarca que forma parte da xira que está a realizar Massouda Kohistani por diversas localidades da xeografía galega, organizadas por Amnistía Internacional Galicia.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.