Amicos comeza a primeira formación do seu Programa Integrado de Emprego 2023

14 Marzo 2023

Na mañá deste 14 de marzo iniciouse en Ribeira, nos espazos municipais de formación da rúa Cristóbal Colón, a formación presencial do curso da asociación comarcal Amicos Xestión e control de compras e stock en almacén. Nesta actividade formativa participan 15 alumnos e alumnas participantes no Programa Integrado de Emprego Amicos 2023. A duración será de 40 horas.

O itinerario completarase con outras dúas formacións en liña: Xestión básica de almacén (20 horas) e Organización de Almacén (30 horas). O conxunto das formacións teóricas terá unha duración de 90 horas. Ao finalizar a mesma o alumnado realizará prácticas en diferentes empresas do Barbanza.

Segundo informaron fontes de Amicos, actualmente as responsábeis do programa atópanse contactando con diferentes empresas da comarca para que os participantes poidan desenvolver as prácticas laborais e “así poder conseguir un posto de traballo”.

O departamento de emprego de Amicos axuda diariamente a día de hoxe a máis de 1000 persoas coa colaboración de máis de 80 empresas do ámbito local, autonómico e nacional. “Grazas a estas alianzas favorecemos a inserción sociolaboral dos colectivos máis vulnerábeis”, explican dende a asociación con sedes en Ribeira e Boiro.

O Programa Integrado de Emprego é subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Amicos é beneficiaria por terceiro ano consecutivo deste programa, grazas a el ofrécense os recursos sociolaborais necesarios a persoas desempregadas da contorna do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.