Ambar recibe a visita de Melisa Cespón, responsábel de compras de Chicolino Restauración

30 Marzo 2023

Este xoves 30 de marzo, as instalacións de Ambar en Ribeira (Frións) recibiron a visita de Melisa Cespón, responsábel de compras e azafata de eventos en Chicolino Restauración. A charla de Melisa encadrouse na formación en Industrias Alimentarias que se está impartindo no Centro de Recursos da Asociación Ambar, unha acción formativa financiada pola Fundación ONCE, e polo Fondo Social Europeo, Iniciativa de Emprego Xuvenil no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).

Melisa veu acompañada por Balbino Alonso, quen formou parte do alumnado da formación de Industrias Alimentarias impartida o ano pasado no Centro de Recursos de Ambar, formación que complementou (na súa vertente práctica) en Chicolino Restauración, empresa boirense á que se incorporou ao remate da actividade. Alonso falou acerca da súa experiencia, comentou como foi a súa adaptación durante as primeiras semanas, como solucionou as dificultades e de que maneira asumiu as distintas tarefas que asumiu ao longo da súa traxectoria na empresa.

A esta xornada asistiu o alumnado da formación sobre Industria Alimentaria. A través desta acción trátase de promover a sostibilidade e a calidade no emprego, favorecer a mobilidade laboral, así como reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas e non integradas nos sistemas de educación ou formación. O acto dividiuse en tres partes: presentación, rolda de preguntas e un café con charla informal.

Tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Jaime Capilla, coordinador da formación; Daniel Tojo, orientador laboral; Irene Paz, mestra da formación e Laura Pego, coordinadora de comunicación.

Esta é a quinta e última xornada dun ciclo de conferencias con profesionais con experiencia na Industria Alimentaria, o cal tivo lugar ao longo deste mes na Asociación Ambar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.