Ambar abre inscricións para a formación: ‘Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén e Reparto a Domicilio (fase 2)’ dirixido a persoas con diversidade funcional

21 Marzo 2023

A Asociación Ambar dar persoas con diversidade funcional abre as inscricións para a formación ‘Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén e Reparto a Domicilio’ que impartirá no seu Centro de Recursos da Barbanza. A formación comezará o 10 de abril no Centro de Recursos da Asociación Ambar en Ribeira.
Esta formación está destinada a persoas con diversidade funcional e ten como obxectivo que as persoas participantes obteñan un perfil polivalente na área de comercio, para a ocupación de postos como repoñedores, repartidores ou auxiliares de comercio.
A formación, totalmente gratuíta, conta cun beca de asistencia e servizo de transporte para todas as persoas participantes. As prazas son limitadas.
Os requisitos para inscribirse son:
• Ter recoñecido un grao de diversidade mínimo do 33%
• Estar inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante de Emprego.
• Ao inicio da formación deberase aportar a acreditación da demanda de emprego (DARDE) en vigor, expedida polo Servizo Público de Emprego.
• Para obter a titulación hai que asistir ao 85% do curso.
Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas Xoves con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa de Emprego Xuvenil (POEJ) do Fondo Social Europeo “ O FSE inviste no teu futuro.”

Esta formación está destinada a ocupación de persoas con diversidade funcional no sector do comercio.
A formación conta cun total de 320 horas, divididas en 200 horas de formación teórica e 120 horas de formación práctica en empresa. Comezará o 10 de abril de 2023 e rematará o 19 de setembro de 2023.
Inscricións
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición:
• Chamando directamente ó 673 879 034
• Na web da entidade https://asociacionambar.org/incricions-abertas-na-formacion-gratuita-sobre-actividades-auxiliares-de-comercio-almacen-e-reparto-a-domicilio/de

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.