Amas de Casa de Ribeira renderá homenaxe ás persoas maiores coa súa tradicional chocolatada

06 Marzo 2023

A Asociación de Amas de Casa de Ribeira vai organizar o vindeiro domingo 26 de marzo a súa tradicional chocolatada. Farao en homenaxe ás persoas maiores do municipio: unha acción que foi presentada na mañá deste luns 6 de marzo pola presidenta da entidade, Puri Cores, xunto coa concelleira de Cultura María Sampedro.

A chocolatada terá lugar a partir das cinco da tarde no Restaurante Baiuca, na parroquia de Artes. Estará amenizada pola artista Mar Davila. Para facilitar o desprazamento, ás catro e medio sairán autobuses dende o mercado.

Gratuíta
Puri Cores recordou que esta actividade é “totalmente gratuíta” e “aberta ás persoas maiores de 65 anos”. O aforo máximo son 300 prazas e as entradas para asistir poden retirarse a partir de mañá martes na sede da asociación, sito na rúa Monumento, 5, en horario de 10.30 a 13 horas (de luns a venres).

Ademais, a presidenta de Amas de Casa salientou “o importante papel que teñen as persoas maiores na sociedade” e agradeceu o traballo da súa xunta directiva e a colaboración e a sensibilidade do Concello.

María Sampedro, pola súa parte, desexou unha boa tarde de domingo ás persoas que participen e puxo en valor o labor que desempeña a Asociación de Amas de Casa no ámbito social e cultural a través de diversas iniciativas como esta chocolatada ou o día do traxe rexional.

Outros artigos

Ribeira reivindica arte local cunha mostra colectiva de 23 artistas

O Centro Cultural Lustres Rivas, espazo vivo de creación e difusión cultural activo dende 2011, acolle este días, por segundo ano consecutivo, unha exposición colectiva de artistas da contorna, fundamentalmente ribeirenses, baixo o título Camiño da arte que está...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión