Aberta a incrición para cursar o preparatorio da proba de acceso ao conservatorio “Enrique Paisal”

10 Marzo 2023

O Conservatorio de Música Profesional ‘Enrique Paisal’ informa de que no día de hoxe abre a inscrición para asistir ao obradoiro de preparación da proba de acceso a este centro musical.
Trátase dun curso de carácter gratuíto e dirixido a nenos e nenas de entre os 8 e os 14 anos no que, durante catro semanas, traballaranse os contidos que van integrar a proba de acceso ao 1º curso do Grao Elemental (proba de carácter obrigatorio, e que terá lugar na última semana de maio). Ademais disto os nenos e nenas poderán, mediante as presentacións do profesorado e alumnado do centro, ter o primeiro contacto coas distintas especialidades que se imparten no conservatorio.
Este primeiro contacto pretende axudalos na elección da especialidade que a partir de setembro queiran estudar. O horario a elixir será o proposto no cadro inferior e contará cun máximo de 12 prazas e un mínimo de 6 inscritos por grupo para levarse a cabo.
As inscricións aceptaranse por rigurosa orde de entrega deste formulario no email secretario.conservatorio@ribeira.gal Unha vez recibido o formulario contestarase indicando a confirmación de praza. En caso de que nalgún grupo non se cubran as prazas mínimas intentarase reubicar ao alumnado inscrito noutros grupos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.