A Xunta ofertará 15 prazas fixas por concurso de méritos para reforzar o Hospital do Barbanza

01 Marzo 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, visitaron este mércores 1 de marzo o Hospital do Barbanza. Fixérono para informar que a Xunta convocará por concurso de méritos 15 prazas de especialidades médicas neste centro. En concreto, 4 de medicina interna, 2 de pediatría, 2 de análisis clínicos, 1 de xinecoloxía, 1 de traumatoloxía, 1 de radiodiagnose, 1 de anestesia, 1 un de hospitalización a domicilio, 1 psiquiatra e 1 psicólogo. Trenor e Núñez deron a coñecer estes datos na compaña do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz.

Segundo fixeron saber, este concurso convocarase nos vindeiros días e inclúe tamén cinco prazas de pediatría, 1 en Rianxo, 1 en Ribeira, 1 en Boiro, 1 en Noia e 1 en Mazaricos e 10 prazas de médico de familia, 3 en Boiro, 2 en Ribeira, 2 en Rianxo ,1 na Pobra do Caramiñal, 1 en Noia e 1 en Muros.

“Con estas prazas blíndase a estabilidade dos servizos máis críticos do hospital e dos centros de saúde como mínimo nos dos vindeiros anos, nos que se manterá ese núcleo do cadro de persoal fixo que non se moverá nin nas ofertas públicas de emprego nin nos concursos de traslados”, sinalaron, engadindo que esta convocatoria (unha iniciativa que achega máis de 400 prazas para toda Galicia) realizarase ao abeiro da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada o pasado outubro polo Parlamento de Galicia e que permite a convocatoria mediante concurso de méritos (é dicir, sen oposición) de prazas en propiedade en categorías como facultativo especialista de atención primaria, pediatría de atención primaria, as especialidades médicas nos hospitais comarcais ou as prazas sanitarias vinculadas á área de Saúde Mental de Galicia.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.