A veciñanza maior da Pobra poderá participar nunha nova edición do programa de envellecemento activo

30 Marzo 2023

O Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal vai acoller un ano máis, en primavera e en outono, unha nova edición do programa de envellecemento activo cos obxectivos de “contribuír a que a veciñanza maior viva no seu entorno habitual o máximo posíbel, se poida valer por si mesma nas actividades cotiás e siga formando parte activa da sociedade”.

A iniciativa divídese en dous semestres. No primeiro, a musicoterapia transcorrerá nos mércores dende o día 12 de abril ao 1 de xuño, en dúas quendas: de 17.30 a 18.45 horas e de 18.45 a 20.00 horas, da man de Ignacio Crespo; mentres que o envellecemento activo desenvolverase nos venres do día 14 de abril ao 2 de xuño, en horario de 18.00 a 19.30 horas, a cargo de persoas voluntarias da Cruz Vermella. Xa no segundo semestre, a musicoterapia impartirase do día 4 de outubro ao 13 de decembro, e o envellecemento activo celebrarase dende o día 6 de outubro ao 24 de novembro. Haberá unha pausa estival nos meses de xullo e agosto.

O director do centro, Ricardo Lago, incidiu na importancia do programa deseñado para potenciar a estimulación cognitiva, os hábitos de vida saudábeis, a autonomía e o benestar persoal. Preténdese así “evitar ou adiar na medida do posible signos de deterioro físico ou cognitivo”, apunta.

Pola súa banda, a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), destacou a participación elevada nas anteriores convocatorias e trasladou o apoio da Administración local aos proxectos que melloran a calidade de vida da cidadanía. Tamén indicou que os bloques temáticos “responden ás peticións efectuadas polas persoas asistentes en anteriores ocasións, polo que as actividades resultarán moi dinámicas”.

Ofértanse un total de 30 prazas e a matrícula poderá formalizarse a partir de mañá nas propias instalacións do Centro Sociocomunitario e de Benestar.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...