A unidade móbil dos Coidados Porta a Porta recalou novamente en Dodro

02 Marzo 2023

O servizo itinerante Coidados Porta a Porta impulsado pola Xunta recalou os días pasados en Dodro. Xoán Bautista Mariño, concelleiro Servizos Sociais e Benestar, achegouse para recibir e facilitar novamente a instalación da unidade móbil.

Grazas ao Fondo de Recuperación Next Generation (Unión Europea) para facer fronte ás consecuencias da COVID, volveu á Paxareira en Dodro outra unidade móbil do programa que puxo en marcha a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta.

Recibiu ás persoas de 55 anos en diante de Dodro que, previa cita, a solicitaron. Estiveron cubertas todas as franxas horarias nos catro días para consultas básicas de podoloxía, audioloxía ou promoción do envellecemento activo entre outros fins. O anuncio polas aldeas, centros públicos e redes sociais fixo que tivera unha boa acollida e esperan por outra edición pasados uns meses.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.