A terceira edición do xogo das sete Rosalías sorteou 50 agasallos entre o alumnado da Primaria da Pobra

15 Marzo 2023

O xogo-concurso As Sete Rosalías sorteou un total de 50 agasallos entre a rapazada acertante dos CEP Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra. A edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), acompañada da técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, desprazouse ata estes centros educativos para facer entrega das recompensas consistentes en cadansúas botellas térmicas serigrafadas.

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal centrou nas crianzas gran parte da programación para conmemora-lo Día de Rosalía de Castro, no 23 de febreiro. Para a primaria, apostou novamente por esta actividade por causa da boa acollida nas convocatorias previas.

Repetiuse o formato de anteriores anos: os escaparates dunha trintena de establecementos do municipio expuxeron siluetas recortadas coa forma de Galicia que contiñan no seu interior o rostro da intelectual galega acompañado de versos seus. O desafío residía en busca-las 7 versións diferentes da imaxe para anota-la diferenza e en que local se situaba. Unha vez superado o reto, debían entrega-los impresos debidamente cubertos cos datos requiridos nos colexios xa mencionados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.