A Residencia de Maiores DomusVi Ribeira está a celebrar esta semana o seu XXI aniversario de apertura. Co gallo desta conmemoración elaborouse un programa de actividades que inclúe, entre outras cousas, unha pequena exposición de traxes e instrumentos de música tradicionais. Este xoves 30 de marzo será o día principal da celebración. A xornada de actividades conmemorativas comezará ás 11:30h cunha celebración relixiosa cantada pola Coral Municipal de Ribeira, trala cal celebrarase un pequeno petisco con autoridades e convidados asistentes, seguido dun xantar especial e dun baile.

Programa punto por punto
LUNS 27
As 17.30 Actuación musical do grupo As Garridiñas.
MARTES 28
As 11.00 Saída ou Museo de Gravado de Artes
As 17.30 Actuación dás Cantareiras de Amas de Casa de Ribeira.
MÉRCORES 29
As 11.30 Obradoiro arte floral de centros de mesa
As 18.00 Actuación musical do grupo As Ferreñas
XOVES 30
As 11.30 misa especial aniversario cantada pola Coral Polifónica Municipal de Ribeira
As 14.00 Xantar especial de Aniversario
Lagostinos a ferro
Codillo Asado con pataca parisiense
Tiramisú
A partir dás 16.00 gran baile aniversario amenizado polo artista Carlos Manteiga
VENRES 31
As 17.00 Celebración dous aniversarios de persoas residentes cunha merenda especial
Chocolate con churros
As 17.30 Bingo Especial con grandes agasallos



