A pobrense Anxos Castro presenta Conversas comigo mesma en Rianxo (o venres 10 no Auditorio)

02 Marzo 2023

O vindeiro venres 10 de marzo, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo (primeiro andar) celebrarase a presentación do libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas de Anxos Castro Parada e editado por Diverdidad Literaria.

No acto, acompañarán á escritora da Pobra do Caramiñal (afincada en Boiro) Nati Abuín (do grupo de pandeiretas Lumieira), Xulio Gutiérrez (escritor) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).

Editado polo selo madrileño Diversidad Literaria, o libro é unha escolma poética de 160 páxinas, en galego e en castelán, na que a autora recolle pezas escritas ao longo de toda a súa traxectoria vital, dende a nenez. Nesta colección vital, Anxos Castro defende a poesía como “a forma máis máxica de comunicación de cantas existen”, que, asegura, “permíteme expresar co que máis me gusta, coa pluma, plasmando sobre o papel todas as miñas emocións”. O libro, explicaba nunha entrevista recente con La Voz, “contén toda a miña traxectoria literaria, desde que tiña 13 anos ata a actualidade, pois sempre fun gardando os poemas que xurdían de todo aquilo que me inspiraba ou me emocionaba”.

O libro foi previamente presentado en Boiro e na Pobra. Agora dáse a coñecer en Rianxo (10 de marzo) e en Ribeira (24 de abril).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.