A Pobra contará novamente cun obradoiro de conciliación no mes de abril

24 Marzo 2023

Para os días non lectivos e coincidindo coa época da Semana Santa, o Concello da Pobra do Caramiñal ofrece un obradoiro de conciliación dirixido a crianzas da infantil e da primaria. A concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), acompañada da axente da igualdade, Carolina Rodríguez, explicou que a dita actividade forma parte do compromiso do Concello con favorecer a conciliación.

Este servizo desenvolverase nos días 3, 4, 5 e 10 de abril, nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 09.00 a 14.00 horas. O importe total establécese nos 15 euros por nena/neno, pero aplicarase un desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a.

A maiores, achégase a opción dos servizos de madruga e comedor.

As prazas son limitadas, polo cal requírese a inscrición previa no Departamento da Igualdade, situado fronte á Casa Consistorial. A data límite para formalizar o trámite é o día 31 de marzo.

Tamén segue operativo o Espazo de Coidados Corresponsables para conciliar polas tardes. Trátase dunha prestación municipal de balde ao abeiro do Plan Corresponsables promovido e financiado con fondos procedentes do Ministerio da Igualdade.

Máis información no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal ou no teléfono de contacto 981832764, marcando a opción 6.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.