A pintora Vyana DL exhibe no lustres Rivas unha vintena de obras co título ” Roturas”

31 Marzo 2023

O Centro Cultural Lustres Rivas abre a súa tempada primaveral cunha nova exposición que, baixo o título de “Roturas”, abrangue unha vintena de obras de María José García Santos, máis coñecida no eido artístico como Vyana DL.
O acto inaugural tivo lugar onte pola noite con presenza da creadora, do alcalde Manuel Ruiz e da concelleira de Cultura María Sampedro, e coa asistencia dun numeroso público, boa parte deles integrantes da Asociación de Veciños de Carreira. O violinista Brais Bassave abriu e pechou o evento con dous pezas.
Vyana DL naceu e residiu durante décadas no País Vasco, pero sendo filla de pais naturais de Corrubedo e tendo claras as súas raíces, decidiu voltar á esta terra traendo consigo a súa creatividade.
En Roturas, pódense ver algunhas das súas obras, maioritariamente óleos onde os elementos interactúan entre si con diferentes capas de pintura, aceites, minerais mariños e diferentes texturas.
Pitusa MJ
Ademais a proposta complétase con catro esculturas creadas pola súa filla María José Fernández, que seguindo a estela da súa nai, conta cunha traxectoria artística vinculada ao debuxo, á pintura e á
creación baixo o nome artístico Pitusa MJ, tamén asistente ao acto.
Vyana explicou que a poesía e pintura constitúen unha inmanencia que van en ela dende que ten uso de razón e que esta exposición recolle unha mostra das creacións elaboradas nesta terra, dende que
faleceu o seu pai. Tamén afirmou que a maioría das súas obras interaccionan cos elementos naturais e que Corrubedo é para ela a súa respiración.
Manuel Ruiz deulle os parabéns polo seu persoal estilo e animou aos veciños a asomarse ata o Centro Cultural Lustres Rivas para contemplar esta mostra. Permanecerá ata o 29 de abril.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.