A Marea de Noia denuncia que a depuradora de Pontenafonso leva tres anos construída pero non funciona

21 Marzo 2023

O grupo municipal da Marea de Noia reclamará a inmediata posta en marcha no vindeiro pleno de Noia da depuradora de Pontenafonso e pedirán que se explique porque en tres anos non se puxo en funcionamento a mesma.

O candidato á alcaldía da Marea Cidadá de Noia, Manolo Seijas asegura non entender as razón polas que o goberno de Noia non foi capaz de poñer en funcionamento a Depuradora de Pontenafonso que leva 3 anos construída.
“ Unha obra que tivo un custe de 70.000€, non pode levar 3 anos parada e sen poñer en marcha” asegura que se trata “ doutro exemplo claro na nula capacidade deste goberno para acometer as xestións do día a día” e denunciou a falta de compromiso do goberno de Santiago Freire co medioambiente “ seguimos vertendo directamente aguas fecais, a pesar de ter unha depuradora feita”.
Dende a Marea aseguran ter serias dúbidas se o sistema de depuración de augas funcionará ao estar tanto tempo paralizado. “Neste momento o equipamento non conta con conexión á rede eléctrica”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.