A Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo presentou o seu programa de actividades para a vindeira Semana Santa

14 Marzo 2023

O Concello de Rianxo compartiu a axenda de actos de Semana Santa organizados pola Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo. O programa deu comezo este 3 de marzo, cunha misa solemne na honra de Xesús Nazareno. Proseguen este día 25, con outra misa solemne (19.00 horas) e coa imposición de medallas encadrada no programa da Irmandade da Paixón de Cristo. Ademais, os días 29, 30 e 31 celebrarase o triduo na honra da Nosa Señora dos Dolores (con misa os días 29 e 30, ás 20.00 horas, e misa solemne o día 31, ás 20.00 horas con procesión ao rematar o oficio).

Xa en abril, o día 2 (Domingo de Ramos) celebrarase ás 11.30 horas a tradicional Procesión de Ramos dende a Igrexa Parroquial até a Capela da Nosa Señora da Guadalupe, onde serán bendicidos os ramos para regresaren logo os fregueses á igrexa parroquial e oficiarse a Santa Misa.

O 5 de abril (Mércores Santo) haberá dous grandes actos relixiosos: ás 20.00 horas o acto de ánimas e confesións e ás 21.00 horas o via crucis penitencial polas rúas de Ranxo.

No 6 de abril (Xoves Santo) celebrase a Santa Misa da Cea do Señor ás 20.00 horas e ás 21.30 horas a procesión e, ao rematar o percorrido, a celebración da Hora Santa.

As actividades do Venres Santo (7 de abril) arrincarán ás 10.00 horas co Anuncio do Santo Encontro polas rúas de Rianxo, a cargo da Banda de Tambores da Irmandade da Paixón de Cristo. Ás 11 horas celebrarase o Santo Encontro, ás 19h os Santos Oficios (Adoración da Cruz), ás 20.30 a cerimonia do Desencravo e ás 22h a Procesión do Santo Enterro.

O 8 de abril, Sábado Santo, inclúe ás 21.00 horas a cerimonia da Vixilia Pascual.

A axenda rematará o Domingo de Resurrección, 9 de abril, cunha Misa de Resurrección ás 12.00 horas.

Segundo informou a Irmandade, en caso de choiva os actos desenvolverase no interior da Igrexa Parroquial de Rianxo.

O programa vén da man da Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo en colaboración co Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...