A Confraría de Noia denuncia que a Xunta “trata de apartala” nos recursos contra San Finx e irá ao TSXG

22 Marzo 2023

A Confraría de Pescadores de Noia denunciou que a Xunta “trata de apartala” dos recursos para tratar de paralizar a vertedura autorizada á mina de San Finx e avanzou que recorrerá a decisión de forma “inmediata” ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e “non descarta iniciar novas accións pola vía penal” fronte aos altos cargos responsables “de confirmarse os indicios dun posible delito de prevaricación”.

A Confraría de Pescadores de Noia denuncia que a Xunta non considere agora a esta institución como representativa dos intereses económicos de case 2.000 mariscadores que traballan nos bancos da ría de Muros e Noia ou os 17,5 millóns de euros de facturación de 2021 e que iso non xustifique o interese no caso.

Ademais, para esta entidade, a decisión de Macho é “particularmente grave” porque ocupou cargos de subdirector xeral e vicesecretario xeral da Consellería do Mar, “coñecendo persoalmente a situación do sector e as responsabilidades dos depósitos”.

Outros artigos

A Marea de Noia require unha inspección da ETAP

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, presentou un escrito ante a inspección de sanidade sobre a auga municipal no que require ao dito departamento unha análise exhaustiva da ETAP (Estación Tratamento de Auga Potábel) para verificar o estado da mesma e do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...