A compañía De Ste Xeito leva Feminissimas a Porto do Son (este domingo na Casa da Cultura)

01 Marzo 2023

A Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller esta finde, o domingo 5 de marzo ás 20.00 horas, a representación do espectáculo Feminissimas, da compañía De Ste Xeito. A sesión será de entrada de balde até completar aforo. Feminissimas é “unha comedia negra moi violeta”, en palabras das integrantes de De Ste Xeito, que nos contan nesta peza a historia de tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven e que coinciden nun Congreso Feminista na cidade de Vigo: tres amigas que teñen tres maneiras distintas de entender a loita polos dereitos das mulleres.

A peza está dirixida por Xavier Castiñeira e con dramaturxia da autora e actriz rianxeira Esther F. Carrodeguas, quen tamén forma parte do elenco xunto con Stephy Llaryora e Noelia Blanco.



Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.