A actividade Tardes de baile prosegue na Pobra no 16 de abril

30 Marzo 2023

Nova cita co baile no 16 de abril. O Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal albergará a segunda sesión da actividade Tardes de baile, que se desenvolve con diferentes opcións musicais no segundo domingo de cada mes ata xuño, de 20.00 a 22.30 horas. En canto ao presente mes, por coincidir coa Semana Santa, trasládase ao día xa indicado.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), manifestou que esta iniciativa xorde para lle dar resposta á demanda das persoas asistentes ao programa de envellecemento activo.

Se ben está inicialmente dirixida a persoas maiores, aspira tamén a converterse nun punto de encontro interxeracional de toda a comarca ao tempo que se contribúe a dinamizar a vila aos domingos. E, en función da resposta da xente durante este período, valorarase a súa ampliación ata finais de ano, pois o baile ten numerosos beneficios que redundan positivamente na memoria, o estado físico, a autoestima ou as relacións sociais, tal e como enumera o director do referido centro, Ricardo Lago.

Non se require a inscrición previa.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...