A ABE esgota os primeiros 200 Bonos Negocios 10 e lanza 100 máis

07 Marzo 2023

A ABE fixo un novo balance da actividade xerada polos seus Bonos Negocios 10, campaña de promoción comercial centrada en incentivar as ventas nos negocios asociados con bonos de xeito análogo ao Bonos Activa Comercio da Xunta. Ao abeiro desta nova iniciativa, a entidade puxo á venda 200 caixas de bonos #negocios10 que teñen un valor de 50 € pero que ao cliente só lle custan 40€, “polo que levan 10 euros de regalo como aliciente para que sexan usados nos establecementos asociados”. Tras esgotarse as primeiras 200 caixas, a ABE decidiu lanzar 100 novas caixas.

As persoas interesadas en adquirilas deben pasar polas oficinas da ABE para mercalas ata esgotar existencias, e desta volta, sinala a patronal, “non haberá restricións de compra”, polo que os clientes poderán mercar o número de caixas que queiran. Como explica o presidente da ABE, Daniel García, “esta liberalización vén motivada porque detectamos que había moitos clientes interesados en comprar os bonos pero que, por diferentes motivos, non podían desprazarse a realizar a compra ás oficinas da ABE”

Así mesmo o presidente quixo lembrar que os bonos pódense utilizar en todos vos sectores da ABE “non só en roupa ou calzado senón tamén en alimentación, supermercados, gasolina, restaurantes, dentistas, masaxes…”

A caixa contén unha listaxe con todos os negocios onde se poden empregar e entrégase unha exclusiva bolsa de algodón orgánico de agasallo.

As bases completas da campaña podar consultar na web da ABE, www.abel.gal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.