Unha trintena de empresas e servizos turísticos reciben información sobre o SICTED da man de Barbanza Arousa

01 Febreiro 2023

Na mañá deste 1 de febreiro celebrouse no Viveiro de Empresas de Espiñeira no Concello de Boiro unha reunión informativa sobre o Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) convocada pola Mancomunidade Barbanza Arousa. Na xuntanza, dirixida ao sector turístico do territorio, realizouse unha exposición sobre o proxecto de implantación desta certificación de calidade cuxo inicio é inminente.

Barbanza Arousa explicou que as empresas e servizos turísticos interesados no proxecto teñen de prazo ata o vindeiro 15 de febreiro para formalizar a súa adhesión.

Tamén fixo saber que o SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da FEMP, que traballa con servizos turísticos de ata 36 oficios diferentes, podendo participar todos os establecementos que se atopan no círculo do consumo do turista como transporte, aloxamento, restauración, comercio ou axencias de viaxes entre outras.

O obxectivo último, engadiu a mancomunidade, é “mellorar a experiencia e satisfacción do turista”; mais para os servizos turísticos que decidan adherirse ofrece beneficios tales como “mellorar a xestión interna, dispoñer dunha referencia para mellorar o seu traballo, incrementar a cualificación do persoal, compartir experiencias con empresarios do mesmo sector, participar no maior proxecto de calidade turística desenvolto en España con máis de 9.000 servizos turísticos participantes ou optar a un distintivo que acredita o nivel de calidade turística, recoñecendo o esforzo realizado a nivel nacional e internacional”.

Para realizar os trámites de adhesión deben contactar coa Mancomunidade a través do correo electrónico info@barbanzarousa.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.