Unha pasarela mellorará a mobilidade peonil na zona da Mercé

16 Febreiro 2023

O Concello da Pobra, con cargo ao remanente do POS+2022 da Deputación, presentou os detalles dun proxecto para crear unha pasarela que una a Mercé coa entrada ao Camiño Real, a carón da AC-305. A intervención busca “mellorar a seguridade e mobilidade peonil, ademais de redundar positivamente dende o punto de vista turístico ao discorrer por alí o Camiño de Santiago do Barbanza, A Orixe”. Así o explicaron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e o concelleiro da Mobilidade, Xabier Santos (BNG). O orzamento de execución ascende a 131.804’19 euros (93.677 euros procedentes da Deputación da Coruña e 38.126 euros da Administración local).

A construción desta senda “permitirá continuar o tránsito peonil trala subida ao cruceiro da Mercé, evitando así ter que cruzar dúas veces a estrada para circular a pé en condicións de seguridade ata o inicio do Camiño Real”, segundo explicou Juan Antonio Millán, arquitecto de Cota Cuatro, estudio encargado da redacción do proxecto. O dito viaduto terá unha lonxitude de 135 metros e materializarase sobre dúas trabes de formigón (unha viga pegada a un muro de contención e outra colocada nuns piares) que soportarán un tapiz de plástico reciclado con táboas anti-escorregamento. A maiores, á altura do cruceiro, adecuarase a incorporación á senda cunha plataforma de granito.

“A elección dos materiais responde a criterios de durabilidade, mantemento e redución do impacto paisaxístico”, explicaron.

Na presentación participou o presidente do Camiño de Santiago do Barbanza, A Orixe, Manuel Mariño, xunto coa secretaria, Marián Treus. Mariño precisou que “esta actuación reforzará a seguridade da peregrinaxe, ademais de beneficiar a toda a veciñanza”.

O mandatario local indicou tamén que “queda pendente que a institución provincial aprobe o Plan en pleno para, deseguido, proceder co inicio do expediente de licitación”. Asegurou que se trasladarán máis propostas en materia de seguridade á Xunta de Galicia; organismo que ten a titularidade da AC-305.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.