Un veciño atendido por inhalación de fume en Boiro

04 Febreiro 2023
Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro interviron en incendio de vivenda no Concello de Boiro. 

En Boiro, o incendio da cociña dunha vivenda na parroquia de Cespón requiriu da intervención dos servizos sanitarios, que trasladaron a unha persoa por inhalación de fume.

Ás 19 horas, o particular que alertou ao 112 Galicia explicaba que, aínda que nun principio non había persoas feridas, naquel momento varios veciños trataban de apagar o lume.

Os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e dos Bombeiros e Protección Civil de Boiro, así como do persoal do Concello.

Así, os Bombeiros encargáronse de atallar as lapas, que queimaron parcialmente a cociña da vivenda, tralo que o persoal sanitario tivo que evacuar a unha das persoas por inhalación de fume.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.