Un pescador resultou ferido ao colidir a súa embarcación contra unha batea en Boiro

24 Febreiro 2023

Os feitos ocorreron na zona de Cabo de Cruz. O mariñeiro foi evacuado nunha lancha que navegaba pola zona ata o peirao, desde onde o persoal sanitario o trasladou ao Hospital do Barbanza.

Pasaban as 21:30 horas cando un particular informaba ao 112 Galicia de que estaban a levar a terra a unha persoa, que resultara ferida tras colidir a súa embarcación contra unha das columnas de formigón dunha batea. A persoa sufrira un forte golpe na cabeza, aínda que permanecía consciente.

Desde o 112 informouse para este operativo a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil e á Policía Local e Protección Civil de Boiro.

Unha vez no peirao, o ferido foi atendido polos servizos sanitarios, e finalmente trasladado en ambulancia ao Hospital do Barbanza.

Pola súa banda, os voluntarios de Protección Civil de Boiro indicaron que a embarcación accidentada, que sufriu importantes danos, foi remolcada por particulares e amarrada no porto de Cabo de Cruz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.