A plataforma Stop Deshaucios Barbanza vén de advertir de novos casos de familias da nosa comarca en risco de quedar en situación de desamparo social e sen fogar de seu. Un destes casos é o dunha familia humilde de Ribeira, que vén de recibir unha notificación xudicial, por parte do Xulgado Nº1 de Ribeira e a pedimento da entidade financeira de Abanca, onde se sinala a data do lanzamento da vivenda habitual (unha vivenda unifamiliar, situada no centro urbano da cidade), concretamente o 16 de marzo.
A familia atópase baixo a defensa dun avogado de oficio e unha vez contactaron coa Plataforma Stop Deshaucios Barbanza puxĆ©ronse en marcha as actuacións pertinentes, ante as partes en conflito. “TrĆ”tase”, informa a plataforma, “de que se suspenda o desaloxo e atópense alternativas porque Ć© unha familia vulnerĆ”bel, con escasos ingresos económicos e con tres fillos, un deles menor de idade”. A plataforma engade que dende a oficina da Valedora do Pobo estĆ”n a traballar para poder negociar un alugueiro social e que asĆ a familia poida seguir residindo na vivenda habitual, unha vez que a mesma xa se atopa adxudicada, en poxa pĆŗblica, Ć” propia entidade financeira. A familia xa se puxo en contacto co departamento dos Servizos Sociais municipais de Ribeira ao obxecto da elaboración do correspondente Informe Social de Vulnerabilidade para poder presentar no Xulgado.
Por outra banda, a plataforma informou de que a familia de pensionistas de Rianxo da que informou as semanas pasadas pola delicada situación na que se atopaba, chegou a un acordo cun fondo de investimento, pendente de materializar coa firma do contrato, para continuar na vivenda habitual a travĆ©s dun alugueiro social e prol un perĆodo de cinco anos.
TamĆ©n, este pasado venres, a plataforma atendeu unha chamada de auxilio dunha nai do Concello de Redondela (Pontevedra) ante o temor do desaloxo, por parte dun dos seus fillos, “ante a mala relación entre ambos”. A plataforma pĆŗxose axiƱa en contacto coa alcaldĆa e a concelleira dos Servizos Sociais de Redondela e pĆŗidose comprobar que a pesar de que o fillo posĆŗe a propiedade da vivenda, en herdanza da sĆŗa avoa, esta deixou Ć” filla como usufrutuaria e asĆ poderĆ” seguir residindo na mesma ata os seus Ćŗltimos dĆas. “Circunstancia que descoƱecĆa a seƱora, debido a unha grave enfermidade crónica que padece”, explica a plataforma.