Saen adiante en Boiro os proxectos sociais e de mellora viaria propostos polo Concello para os fondos da Deputación

10 Febreiro 2023


O Concello de Boiro celebrou este xoves o pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro. A sesión contou coa ausencia dunha concelleira do Partido Popular polo que asistiron un total de 16 membros da corporación. O pleno saldouse coa aprobación das propostas do Goberno local para os fondos da Deputación.

A sesión, como de costume, puido visualizarse íntegra a través da canle municipal en Youtube.

Votacións da sesión

1. Aprobación, se procede, do ditame da solicitude de participar no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2023 da Deputación da Coruña, así como os proxectos incluídos – aprobado con 14 votos a favor (PP, PSOE, Boiro Novo, IC Boiro e non adscrito) e 2 abstencións (BNG).

2. Aprobación, se procede, do ditame da solicitude de participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ Adicional 1/2023 da Deputación da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios – aprobado por unanimidade (16 votos a favor).

Catro actuacións demandadas pola veciñanza

Finalmente aprobáronse en pleno os proxectos propostos polo Concello ao abeiro do plan de cooperación ás obras e servizos (POS+ 2023) da Deputación da Coruña, que destina a Boiro 615.197,37 euros. Segundo confirmou o Concello, esta contía destinarase a catro importantes obras demandadas pola veciñanza. “Trátase dun investimento moi importante para o noso concello e que imos destinar a obras en diversos puntos do termo municipal, prestando especial atención aos núcleos do rural”, afirmou o alcalde. Trátase das seguintes iniciativas: obras de pavimentación e instalacións de rueiro en Runs e San Mauro (cun orzamento de 429.865,99 euros, inclúen a mellora integral dos rueiros e de Runs e San Mauro, con pavimentado, rede de saneamento de augas pluviais e de abastecemento e substitución de luminarias); beirarrúas na avenida da Constitución entre Salvador Allende e av. de Compostela (cun orzamento de 199.240,61 euros, este proxecto contempla a execución de beirarrúas e dotación de carril bici na avenida da Constitución, no tramo comprendido entre a rúa Salvador Allende e a avenida de Compostela, amais da execución das canalizacións de saneamento, abastecemento de auga e electricidade e a instalación de alumeado, entre outros equipamentos); pavimentación no lugar de Xián (cunha partida de 34.089,21 euros, a finalidade é pavimentar as vías interiores na aldea de Xian coa finalidade de mellorar o conxunto do firme e as súas características funcionais), e reordenación e urbanización do parque en Cimadevila (cun orzamento de 178.365,18 euros, preténdese “renovar e optimizar un espazo de lecer no lugar de Cimadevila, así como aumentar os espazos de estacionamento nun lugar no que escasean”).

A maiores de todo isto, o Concello informou que vai destinar o POS+ Adicional da Deputación ao financiamento de gastos sociais. A contía asignada de 111.152,04 euros permitirá incrementar o gasto social extraordinario e a tramitación urxente de prestacións necesarias en situación de risco para persoas vulnerábeis. Unha parte desta achega provincial encamiñarase ao reforzo-ampliación de persoal técnico ou administrativo adscrito aos Servizos Sociais co “obxectivo de axilizar a atención”. Outras partidas destinaranse a axudas de emerxencia ás persoas soas ou en risco de exclusión. Ademais, reforzaranse os servizos e as axudas económicas para respiro familiar e medidas de conciliación, reservándose outras contías para mellorar os dispositivos de axuda a persoas sen fogar e para as devanditas achegas económicas que axuden ás persoas en risco a sobrelevar os gastos enerxéticos. Amais, adquirirase novo equipamento técnico asistencial (camas, cadeiras de rodas, grúas, etc), entre outras medidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.